Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Tema 4

O desenvolvemento de competencias no MCER

Imagen
Boa tarde a todos/as! Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4:  Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia. As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais): Na primeira, inclúense contidos para que o alumnado poida coñecer os datos principais sobre o país nos que se fala a lingua. Entre eles, características xeográficas, medioambientais, económicas... Por outra banda, o coñecemento sociocultural abarca o coñecemento da sociedade na que se fala o idioma, ademáis da súa cultura. Isto paréceme unha parte esencial para que o alumnado poida comprender mellor a situación noutros países diferen...