O desenvolvemento de competencias no MCER
Boa tarde a todos/as!
Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia.
As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais):
Deste modo, o alumnado descoñece a cultura (ou mesmo a fala de inglés) de territorios como India, Nixeria, Bangladesh, Filipinas ou Kenya (incluso de territorios do primeiro círculo de Kachru, como Nova Zelandia).
Ademais disto, a variante que prima en España e Europa á hora do ensino de inglés é RP e, un acento británico con connotacións de clase alta, ademais de Standard British English, o dialecto "oficial" do país. Desta forma, non se teñen en conta a gran variedade de acentos e dialectos, moitos nacidos ou marcados debido á historia dos países relacionada co colonialismo. Polo tanto, penso que é preciso incluir distintas variantes de inglés para que o alumnado teña unha mellor comprensión do mundo e a sociedade que o rodea, ademáis de poder entender mellor o idioma (cantas máis variantes sexan expostas aos rapaces/as, maior será a súa comprensión oral e escrita). Ademais de todo o mencionado anteriormente, tamén é preciso ter en conta a consciencia intercultural (tamén parte do coñecemento declarativo). Esta competencia baséase no coñecemento das outras culturas con respecto á nosa, e non caer en estereotipos simples que poidan non ter relación coa realidade. Deste modo, podemos evitar concepcións erróneas sobre as culturas dos países nos que se fala inglés (moi posible cos países africanos, por exemplo). Considero esencial que consultedes esta páxina, xa que se menciona información moi importante relacionada con esta competencia.
Isto é todo o que me gustaría comentar acerca das competencias mencionadas anteriormente, pertententes ao coñecemento declarativo, xa que subirei na próxima entrada a miña presentación sobre o tema para unha maior información. Polo tanto, gustaríame facer unha reflexión sobre outra competencia: a competencia fonolóxica (dentro das competencias lingüísticas). Como vedes na imaxe seguinte, esta consiste na percepción e producción dos fonemas da lingua, entre otros.
Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia.
As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais):
Na primeira, inclúense contidos para que o alumnado poida coñecer os datos principais sobre o país nos que se fala a lingua. Entre eles, características xeográficas, medioambientais, económicas... Por outra banda, o coñecemento sociocultural abarca o coñecemento da sociedade na que se fala o idioma, ademáis da súa cultura. Isto paréceme unha parte esencial para que o alumnado poida comprender mellor a situación noutros países diferentes ao seu e, se decide viaxar ao estranxeiro, consiga integrarse e comprender unha cultura diferente. O problema reside en que, polo menos na materia de inglés, para a que teño pensado ser profesor, só se cumpre parcialmente. A miña presentación final sobre a materia, "World englishes: a restricción dun único modelo de inglés no aula" (a cal poderedes ver na próxima entrada) xa falaba de iso. Debido a distintos factores, como a lingüística prescriptiva, motivos socioculturais ou racismo, soamente se mostran os datos pertencentes a estas dúas competencias correspondentes a 2 países: Estados Unidos e Reino Unido. Podedes ver o seguinte vídeo no que se trata máis a fondo:
Ademais disto, a variante que prima en España e Europa á hora do ensino de inglés é RP e, un acento británico con connotacións de clase alta, ademais de Standard British English, o dialecto "oficial" do país. Desta forma, non se teñen en conta a gran variedade de acentos e dialectos, moitos nacidos ou marcados debido á historia dos países relacionada co colonialismo. Polo tanto, penso que é preciso incluir distintas variantes de inglés para que o alumnado teña unha mellor comprensión do mundo e a sociedade que o rodea, ademáis de poder entender mellor o idioma (cantas máis variantes sexan expostas aos rapaces/as, maior será a súa comprensión oral e escrita). Ademais de todo o mencionado anteriormente, tamén é preciso ter en conta a consciencia intercultural (tamén parte do coñecemento declarativo). Esta competencia baséase no coñecemento das outras culturas con respecto á nosa, e non caer en estereotipos simples que poidan non ter relación coa realidade. Deste modo, podemos evitar concepcións erróneas sobre as culturas dos países nos que se fala inglés (moi posible cos países africanos, por exemplo). Considero esencial que consultedes esta páxina, xa que se menciona información moi importante relacionada con esta competencia.
Por unha parte, considero esencial que esta competencia reciba unha maior importancia, xa que o coñecemento dos diversos fonemas (ou, por exemplo, ensinar que existen 12 vogais en vez das 5 do castelán ou as 7 do galego) axudaría ao alumnado a acadar un mellor nivel de comprensión e expresión oral. De feito, eu non coñecín nada sobre a fonética inglesa ata chegar ao segundo curso do grao, momento no que notei que o meu nivel mellorou con creces. Por outra parte, e relacionado co que comentei ao respecto das outras dúas competencias, considero moi difícil ensinar un sistema fonético ao mesmo tempo que se quere dar un ensino da lingua enfocado á globalidade e a diversidade. De feito, o modelo usado normalmente para o ensino da fonética e a fonoloxía é Received Pronunciation, o mesmo modelo usado para o ensino da lingua en xeral. Sería case imposible ensinar a diversidade de variantes da lingua por unha parte, mentres que se impón outra no que respecta á fonética. Que pensades vosotros? Encontrades unha solución a este problema? Ou pensades que mentres o/a estudante teña un nivel elevado nas diferentes destrezas o seu acento non é tan importante? Deixade as vosas opinións nos comentarios, xa que me gustaría moito ver un debate sobre isto. Mentres tanto, déixovos este enlace a Duolingo no que se trata o tema.
E ata aquí a entrada de hoxe. Espero que aprenderades algo con ela, ou polo menos que vos parecese algo interesante! Ata a próxima!
Comentarios
Publicar un comentario