Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como diario

Diario Metodoloxía CLIL/AICLE

Imagen
Boas de novo a todos/as! Nesta nova entrada, vou falarvos acerca do tema 7:Metodoloxía CLIL/AICLE, ao igual que na entrada anterior. A diferenza é que, en vez de falar das actividades realizadas na clase, voume centrar en comentar certos contidos da materia, como xa sabedes ao tratarse dunha entrada de diario. Para comezar, creo que é preciso facer unha descrición do que é a metodoloxía CLIL/AICLE , xa que moitos de nós non o sabiamos ata o comezo deste tema. Como indican as súas siglas (CLIL -Content and Language Integrated Learning- e AICLE -Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Extranxeira-), trátase dun termo adoptado hai máis de 20 anos para referirse a aquelas ensinanzas nas que se incorporaban contidos lingüísticos. Para máis información, ademais de ver os nomes que reciben noutras linguas, podedes revisar a seguinte imaxe. En resumo, esta metodoloxía refírese a aquelas materias nas que se combinan as ensinanzas tradicionais (como poden ser matemáticas ou historia) c...

Diario: As programacións didácticas vixentes

Imagen
Bo día a todos/as! Na entrada vouvos falar dos contidos correspondentes ao tema 6: As programacións didácticas vixentes na ESO e Bacharelato. Para comezar, é preciso mencionar que estas foron realizadas en base á LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), a lei educativa actual que modifica á anterior LOE (Lei Orgánica de Educación). Nela, distribúense os seguintes cursos de educación segundaria (ESO -Educación Secundaria Obrigatoria- e Bacharelato): -1º de ESO  -2º de ESO -3º de ESO -4º de ESO -1º de Bacharelato -2º de Bacharelato  Para máis información, podedes consultar o documento correspondente á LOMCE nesta ligazón. Centrándonos nas programacións didácticas,  estas poden ser definidas o conxunto de accións mediante as cales se transforman as intencións educativas máis xerais en propostas didácticas concretas que permiten alcanzar os obxectivos previstos, como indica este documento. Para a súa realización, hai que ter en conta as fontes ep...

Diario - O deseño curricular das linguas estranxeiras

Imagen
Boas! Nesta entrada vouvos falar dun tema quizais non moi atractivo, pero sí importante: O deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas Para comezar, teríamos que falar de que é o currículo, un termo escoitado moito ao longo do ano: Na eso e Bacharelato, está formado polos seguintes elementos: -Obxectivos -Competencias -Contidos -Estándares de Aprendizaxe -Criterios de Avaliación -Metodoloxía Didáctica Un dos elementos que gañou importancia nos últimos anos é o das competencias. Para que non resulte moi aburrido o post, déixovos un vídeo sobre elas aquí debaixo: As máis traballadas adoitan ser a lingüística e a matemática, pero é moi importante que se traballen todas para un desenvolvemento completo do alumnado. Tamén é preciso destacar os 4 graos de concreción curricular, xa que nos indica que organismos están envoltos no curriculum. Para iso, prepareivos unha infografía moi dinámica. Tédela aquí debaixo: ...