Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España
Bo día, chicos/as! Comezo a entrada de hoxe con esta fermosa fotografía de Barcelona xa que quero tratar un tema do noso país: a evolución do ensino das linguas estranxeiras en España. O primeiro tema que quero abordar é o cambio da lingua predominante no ensino ao longo do século XX, o cambio do francés ao inglés. Na actualidade, é innegable a influenza do inglés para a sociedade, tanto en España como a nivel internacional: esta lingua convertiuse nunha lingua franca usada para as relacións internacionais entre países, é a protagonista na cultura e tamén no ensino. Esta páxina web lista o inglés como a lingua máis importante do mundo e, moi probablemente, coincida coa maioría de opinións. Tendo isto en conta, é lóxico pensar que o francés deixou de ser a lingua promovida pola administración no ensino, pero gustaríame indagar máis neste tema xa que, sendo un estudante de Linguas Estranxeiras (e inglés como primeira lingua e francés como segunda), este tema está moi relac...