Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como tema 5

Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras

Imagen
Ola de novo! Na seguinte entrada vouvos ensinar algo moito máis interactivo que a primeira entrada, centrada na evolución das linguas estranxeiras en España durante o século XX. A temática da presente entrada é o uso de diferentes aplicacións e actividades na aula para tratar o tema do deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, vou centrarme en 3 actividades diferentes: Kahoot, debates piramidais e Google Docs. Se só coñecedes os debates clásicos, nos que pouca xente aporta opinións, tedes que coñecer os debates piramidais. Estes céntranse en partir dun grupo pequeño (grupos de 2 persoas, por exemplo) e ir aumentando os grupos a medida que avanza o tempo ata rematar co grupo completo. Desta maneira, asegurámosnos d e que todo o mundo participe, incluídas todas as persoas que poidan ter máis vergoña á hora de falar en grupo. En concreto, fixemos un debate piramidal para falar das competencias que debería ter o p...

Diario - O deseño curricular das linguas estranxeiras

Imagen
Boas! Nesta entrada vouvos falar dun tema quizais non moi atractivo, pero sí importante: O deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas Para comezar, teríamos que falar de que é o currículo, un termo escoitado moito ao longo do ano: Na eso e Bacharelato, está formado polos seguintes elementos: -Obxectivos -Competencias -Contidos -Estándares de Aprendizaxe -Criterios de Avaliación -Metodoloxía Didáctica Un dos elementos que gañou importancia nos últimos anos é o das competencias. Para que non resulte moi aburrido o post, déixovos un vídeo sobre elas aquí debaixo: As máis traballadas adoitan ser a lingüística e a matemática, pero é moi importante que se traballen todas para un desenvolvemento completo do alumnado. Tamén é preciso destacar os 4 graos de concreción curricular, xa que nos indica que organismos están envoltos no curriculum. Para iso, prepareivos unha infografía moi dinámica. Tédela aquí debaixo: ...