Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Carla Bouzada

Presentación World Englishes

Ola a todos/as! Nesta entrada, quérovos deixar a miña presentación da clase. Espero que vos guste!

O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras

Imagen
bo día a todos/as! Nesta entrada quérovos presentar información relacionada co tema 3 do curso: La enseñanza-aprendizaje y certificación de lenguas extranjeras por las instituciones internacionales. En concreto, voume centrar nalgunhas partes dos contidos correspondentes co ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.  Para comezar, quero centrarme na metodoloxía de aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común de Referencia non inclúe, como podemos ver na imaxe seguinte, un modelo específico como recomendación ou imposición.  Sin embargo, preséntanse diferentes opcións e, incluso, menciónase a metodoloxía específica a seguir por ambas partes (profesorado e alumnado). Como exemplo, tedes a seguinte:  Profesorado: “sus acciones… son una parte muy importante de la situación de aprendizaje o de la adquisición de una lengua” pues “constituyen modelos que los alumnos pueden seguir en su uso posterior de la lengua y en su práctica como futuros profesores”....

O desenvolvemento de competencias no MCER

Imagen
Boa tarde a todos/as! Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4:  Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia. As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais): Na primeira, inclúense contidos para que o alumnado poida coñecer os datos principais sobre o país nos que se fala a lingua. Entre eles, características xeográficas, medioambientais, económicas... Por outra banda, o coñecemento sociocultural abarca o coñecemento da sociedade na que se fala o idioma, ademáis da súa cultura. Isto paréceme unha parte esencial para que o alumnado poida comprender mellor a situación noutros países diferen...

O Marco común de Referencia para as Linguas

Imagen
Bo día! Na entrada de hoxe quero tratar o tema do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), relacionado co Tema 2:  Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. En concreto, gustaríame falar dos problemas de concepción e autoavaliación dos estudiantes con respecto aos diferentes niveis dentro do marco. Para iso, quero comezar mostrando unha información esencial sobre o mesmo: como o seu nome indica, o MCER, coñecido en inglés como Common European Framework of Reference for Languages (CEFR) , é un instrumento de referencia usado para designar os diferentes niveis de coñecemento das linguas (elaboración de materiais, probas de niveis, etc). Nel, descríbense 6 niveis principais, observables na seguinte imaxe: Deste xeito, os niveles que comezan coa A correspóndense cos usuarios básicos; os que inclúen unha B son os dos usuarios independentes; por último, os niveis C1 e C2 correspóndense cos usuarios competentes. A pesar da existencia deste...

Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España

Imagen
Bo día, chicos/as! Comezo a entrada de hoxe con esta fermosa fotografía de Barcelona xa que quero tratar un tema do noso país: a evolución do ensino das linguas estranxeiras en España.  O primeiro tema que quero abordar é o cambio da lingua predominante no ensino ao longo do século XX, o cambio do francés ao inglés. Na actualidade, é innegable a influenza do inglés para a sociedade, tanto en España como a nivel internacional: esta lingua convertiuse nunha lingua franca usada para as relacións internacionais entre países, é a protagonista na cultura e tamén no ensino. Esta páxina web lista o inglés como a lingua máis importante do mundo e, moi probablemente, coincida coa maioría de opinións. Tendo isto en conta, é lóxico pensar que o francés deixou de ser a lingua promovida pola administración no ensino, pero gustaríame indagar máis neste tema xa que, sendo un estudante de Linguas Estranxeiras (e inglés como primeira lingua e francés como segunda), este tema está moi relac...