Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Tema 6

Diario: As programacións didácticas vixentes

Imagen
Bo día a todos/as! Na entrada vouvos falar dos contidos correspondentes ao tema 6: As programacións didácticas vixentes na ESO e Bacharelato. Para comezar, é preciso mencionar que estas foron realizadas en base á LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), a lei educativa actual que modifica á anterior LOE (Lei Orgánica de Educación). Nela, distribúense os seguintes cursos de educación segundaria (ESO -Educación Secundaria Obrigatoria- e Bacharelato): -1º de ESO  -2º de ESO -3º de ESO -4º de ESO -1º de Bacharelato -2º de Bacharelato  Para máis información, podedes consultar o documento correspondente á LOMCE nesta ligazón. Centrándonos nas programacións didácticas,  estas poden ser definidas o conxunto de accións mediante as cales se transforman as intencións educativas máis xerais en propostas didácticas concretas que permiten alcanzar os obxectivos previstos, como indica este documento. Para a súa realización, hai que ter en conta as fontes ep...

Dossier - As programacións Didácticas Vixentes

Imagen
Boas a todos/as! Nesta nova entrada, vouvos comentar as aplicacións que se usaron na clase para traballar os contidos o Tema 6: As programacións didácticas vixentes: na ESO, Bacharelato , FP e EOI (LOMCE e LOE). Como pode deducirse polo nome do mesmo, este tema pode resultar moi denso en canto aos seus contidos, polo que o profesorado decidiu realizar a seguinte serie de actividades para facer máis interactiva e interesante a aprendizaxe: Debate Piramidal A primeira actividade a mencionar é un debate piramidal, como no tema anterior. Neste caso, o tema do debate era o currículo, tendo que pensar e contrastar os puntos máis importantes neles. O procedimento foi o seguinte: primeiro, o alumnado tivo que traballar en parellas. Despois, os grupos aumentaron ata rematar toda a clase cunha conclusión xeral. No noso caso, prácticamente todo o grupo coincidiu nos elementos (cos obxectivos, por exemplo), a pesar de que despois explicouse que a prioridade a teñen elementos como o contexto,...