Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como dossier

Dossier Metodoloxía CLIL/AICLE

Imagen
Boa noite, rapaces/as! Espero que esteades a disfrutar do descanso de nadal ao máximo! Na entrada de hoxe gustaríame falarvos das actividades realizadas na aula relacionadas co tema 7 da materia: Metodoloxía CLIL/AICLE. Nesta parte final da materia a cantidade de actividades a mencionar é menor que noutros temas, xa que gran parte do tempo foi usado polos/as nosos/as compañeiros/as para expoñer as súas presentacións finais, as cales foron super interesantes e conseguiron acoller toda a nosa atención, debido ó gran traballo que lle dedicaron. Con respecto aos meus comentarios sobre elas, estes serán realizados nos respectivos posts das presentacións. A pesar do tempo que levou a exposición das mesmas, realizamos unha actividade que merece ser mencionada: unha infografía por grupos para explicar diferentes asuntos relacionados coa metodoloxía CLIL/AICLE.  Para a realización desta infografía, a clase foi dividida en varios grupos, cada un tendo asignada unha das diferentes...

Dossier - As programacións Didácticas Vixentes

Imagen
Boas a todos/as! Nesta nova entrada, vouvos comentar as aplicacións que se usaron na clase para traballar os contidos o Tema 6: As programacións didácticas vixentes: na ESO, Bacharelato , FP e EOI (LOMCE e LOE). Como pode deducirse polo nome do mesmo, este tema pode resultar moi denso en canto aos seus contidos, polo que o profesorado decidiu realizar a seguinte serie de actividades para facer máis interactiva e interesante a aprendizaxe: Debate Piramidal A primeira actividade a mencionar é un debate piramidal, como no tema anterior. Neste caso, o tema do debate era o currículo, tendo que pensar e contrastar os puntos máis importantes neles. O procedimento foi o seguinte: primeiro, o alumnado tivo que traballar en parellas. Despois, os grupos aumentaron ata rematar toda a clase cunha conclusión xeral. No noso caso, prácticamente todo o grupo coincidiu nos elementos (cos obxectivos, por exemplo), a pesar de que despois explicouse que a prioridade a teñen elementos como o contexto,...

Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras

Imagen
Ola de novo! Na seguinte entrada vouvos ensinar algo moito máis interactivo que a primeira entrada, centrada na evolución das linguas estranxeiras en España durante o século XX. A temática da presente entrada é o uso de diferentes aplicacións e actividades na aula para tratar o tema do deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, vou centrarme en 3 actividades diferentes: Kahoot, debates piramidais e Google Docs. Se só coñecedes os debates clásicos, nos que pouca xente aporta opinións, tedes que coñecer os debates piramidais. Estes céntranse en partir dun grupo pequeño (grupos de 2 persoas, por exemplo) e ir aumentando os grupos a medida que avanza o tempo ata rematar co grupo completo. Desta maneira, asegurámosnos d e que todo o mundo participe, incluídas todas as persoas que poidan ter máis vergoña á hora de falar en grupo. En concreto, fixemos un debate piramidal para falar das competencias que debería ter o p...