Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España
Bo día, chicos/as!
Comezo a entrada de hoxe con esta fermosa fotografía de Barcelona xa que quero tratar un tema do noso país: a evolución do ensino das linguas estranxeiras en España.
O primeiro tema que quero abordar é o cambio da lingua predominante no ensino ao longo do século XX, o cambio do francés ao inglés.
Na actualidade, é innegable a influenza do inglés para a sociedade, tanto en España como a nivel internacional: esta lingua convertiuse nunha lingua franca usada para as relacións internacionais entre países, é a protagonista na cultura e tamén no ensino. Esta páxina web lista o inglés como a lingua máis importante do mundo e, moi probablemente, coincida coa maioría de opinións. Tendo isto en conta, é lóxico pensar que o francés deixou de ser a lingua promovida pola administración no ensino, pero gustaríame indagar máis neste tema xa que, sendo un estudante de Linguas Estranxeiras (e inglés como primeira lingua e francés como segunda), este tema está moi relacionado coa miña traxectoria académica -e a de todos en xeral.
Buscando información sobre o tema, encontreime con artigos coma este que indican diferentes motivos da importancia do inglés no mundo. Entre eles, o nacemento das industrias máis importantes do mundo en Estados Unidos -Google, Microsoft e Apple, por exemplo- e a importancia e influencia da cultura pop americana na sociedade. Este último factor deulle una connotación de modernidade ao inglés, como comenta o artigo: "A second major reason for the popularity of English among those seeking upward mobility is the language’s association with all things “modern.” Most likely thanks to American pop culture, English has been ascribed an aura of “hipness,” defining an international, glamorous elite culture and an apt accessory for Bauman’s high-status “tourist” class". Pero a pesar disto, fáltanos o máis importante. Necesitamos saber por que é a cultura angloparlante a predominante e non a francesa. Ao igual que hai séculos España era a potencia mundial e a súa cultura predominaba arredor do globo, ten que existir algún motivo político que explique todo isto. En efecto, existe un. Remontándonos á metade do século XX (a data clave na que se nota un cambio nas leis educativas en España, como comentarei posteriormente), encontrámonos cun conflicto global que pode explicar este feito: a Segunda Guerra Mundial. Estados Unidos e Reino Unido, os dous países centrales dentro do mundo anglosaxón, formaron parte dese conflito no grupo dos Aliados, ao igual que Francia. Como Estados Unidos entrou tarde no conflito, tiña moitos máis medios para saír triunfante, e ese foi un feito decisivo para a victoria. Como comenta este artigo de Library of Congress, "Building on the economic base left after the war, American society became more affluent in the postwar years than most Americans could have imagined in their wildest dreams before or during the war·" A posición de Estados Unidos a comparación do resto de países belixerantes tras a Segunda Guerra Mundial foi un feito decisivo para a súa evolución como una das potencias do mundo.
Agora que xa coñecemos a causa do cambio do francés ao inglés como lingua predominante no ensino, é preciso comprobalo coas diferentes leis ao longo destas décadas.
A principios de século, vemos que o Francés é a lingua obrigatoria a cursar durante os 12/13 anos, e que existe a posibilidade de estudar inglés ou alemán nos dous cursos seguintes (o francés era a única lingua obrigatoria no Bachiller). De feito, una reforma en 1903 suprimiu a posibilidade de estudar inglés ou alemán. Durante os anos 20 a situación é bastante similar, sendo o Francés a lingua obrigatoria e permitindo estudar inglés ou alemán en cursos posteriores, ata que nos anos 30 quedan suprimidas as asignaturas en inglés, alemán e italiano.
A situación cambia nos anos 50 -tras a finalización da guerra-, xa que a Lei de Ordeación do Ensino Medio de 1953 non da prioridade a ninguna lingua: "En los grados de Bachiller, y dentro del cuadro de Profesores de cada Centro, los alumnos podrán elegir como idioma moderno el alemán, francés, inglés, italiano y portugués […]". Despois diso, diferentes leis aparecerán e cada vez terá máis importancia o inglés, como na actualidade.
Tras toda a información comentada nos parágrafos anteriores, está claro que todo cambio no ensino está influenciado polas leis educativas, que á súa vez teñen influenzas políticas (xa sexan polo partido político que esté en goberno no momento de redactar as leis, como a situación da sociedade do momento). Tendo isto en conta, é moi fácil explicar a importancia que o inglés ten na actualidade e que todo isto podería cambiar nun futuro. Quizais aumentará a importancia de linguas como o chinés, como mostraba a infogradía do primeiro enlace que vos publiquei? Só queda especular e comentar opinións, e espero que vos decidades a comentar no post coa vosa opinión. Eu despídome ata a segunte entrada. Un saúdo!

I totally agree with you. In most countries in Europe even after WW2 main studied language was French, and in the countries from the Eastern block, Russian. I work at a translation agency and I can tell you that the translation of documents on English precedes every other language.
ResponderEliminar