Dossier - As programacións Didácticas Vixentes
Boas a todos/as!
Nesta nova entrada, vouvos comentar as aplicacións que se usaron na clase para traballar os contidos o Tema 6: As programacións didácticas vixentes: na ESO, Bacharelato , FP e EOI (LOMCE e LOE). Como pode deducirse polo nome do mesmo, este tema pode resultar moi denso en canto aos seus contidos, polo que o profesorado decidiu realizar a seguinte serie de actividades para facer máis interactiva e interesante a aprendizaxe:
Debate Piramidal
A primeira actividade a mencionar é un debate piramidal, como no tema anterior. Neste caso, o tema do debate era o currículo, tendo que pensar e contrastar os puntos máis importantes neles. O procedimento foi o seguinte: primeiro, o alumnado tivo que traballar en parellas. Despois, os grupos aumentaron ata rematar toda a clase cunha conclusión xeral. No noso caso, prácticamente todo o grupo coincidiu nos elementos (cos obxectivos, por exemplo), a pesar de que despois explicouse que a prioridade a teñen elementos como o contexto, xa que moitos elementos xa veñen dados prácticamente na súa totalidade polos diferentes organismos. Que pensades vos da actividade? E dos elementos máis importantes do curriculum? Deixádeme un comentario comentando se tedes feito algún debate nas clases e cal foi o resultado.
Video en Powtoon
A segunda actividade que vos quero mostrar é un vídeo feito coa aplicación Powtoon. A tarefa consistiu en comentar as programacións de centro dunha lingua estranxeira nun centro educativo de Educación Secundaria Obrigatoria ou en Bacharelato. O meu grupo traballou usando a programación de inglés do IES Politécnico de Vigo, e creou un video comentando os diferentes elementos da mesma (indicando se faltaba algún), os puntos positivos e cales era preciso mellorar. Ao rematar, subímolo a YouTube, e foi obxecto de avaliación grupal. A clase tivo que encher unha rúbrica nun arquivo Excel online valorando as presentacións do resto de grupos (entre eles, a organización, os contidos…) de 1 a 6, polo que tivo que estar atento e tomar nota de todo. Por último, tivemos que comentar os vídeos en YouTube indicando o mellor e o peor do traballo, o que motivou ao alumnado a traballar máis os contidos e a ser críticos (sempre con argumentos, xa que ían ser vistos polo creador/a do mesmo).
Considero que esta aplicación é moi interesante para realizar vídeos informativos, a pesar de que non puidemos configurar o tempo das diapositivas, e moita información era difícil de ler antes de que pasara á seguinte. Polo resto, penso que valorar o traballo dos demais é moi útil (tanto co comentario como coa rúbrica no Excel), xa que nos axuda a ser máis críticos.
Gravación con Screencast
Por último, para complementar o temario e realizar as clases dunha maneira moito máis interactiva, tivemos que crear un vídeo por medio da aplicación Screencast. A clase dividiuse en grupos para traballar nas diferentes seccións das Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, revisar se as programacións incluidas nas páxinas web das mesmas se axustaban á normativa e como o facían (destacar os puntos negativos, mostrar as partes que aparecen ou non e facer algún comentario adicional). No noso caso, tivemos que realizar o video analizando a programación da sección de Monforte. En vez de gravarnos todos xuntos en video falando, decidimos gravar as nosas voces co programa ao mesmo tempo que mostrabamos as partes que estabamos a comentar. Por exemplo, fixámonos en que había bastantes elementos que non se vían de maneira moi clara, e suxerimos unha organización alternativa. Déixovos o vídeo da nosa gravación aquí debaixo, para que podades velo por vos mesmos, xa que tivemos que subilo a YouTube ao rematar de facelo:
Como vedes, é moi útil poder ter o documento diante á hora de falar, xa que permite mostrar todo máis claramente. Gustaría mencionar tamén que, ao mostrar a pantalla do ordenador (ou unha parte da mesma), pódese incluir todo o contido que queiramos no vídeo.
En xeral gustounos moito usar esta aplicación xa que, con ela, pódese fomentar o traballo en grupo. Ademais, o traballo final resulta máis interesante e informativo que unha simple imaxe. Tamén é preciso destacar que permite engadir imaxes alternativas ás dunha webcam, para todo o alumnado que teña vergoña ou que non queira mostrar a súa cara poida aparecer nel.
Como vedes, os contidos do tema poden ser traballados de maneiras moi diferentes, aínda que poidan parecer pesados nun primer momento. Cal foi a vosa favorita?
Ata a próxima!
Nesta nova entrada, vouvos comentar as aplicacións que se usaron na clase para traballar os contidos o Tema 6: As programacións didácticas vixentes: na ESO, Bacharelato , FP e EOI (LOMCE e LOE). Como pode deducirse polo nome do mesmo, este tema pode resultar moi denso en canto aos seus contidos, polo que o profesorado decidiu realizar a seguinte serie de actividades para facer máis interactiva e interesante a aprendizaxe:
Debate Piramidal
A primeira actividade a mencionar é un debate piramidal, como no tema anterior. Neste caso, o tema do debate era o currículo, tendo que pensar e contrastar os puntos máis importantes neles. O procedimento foi o seguinte: primeiro, o alumnado tivo que traballar en parellas. Despois, os grupos aumentaron ata rematar toda a clase cunha conclusión xeral. No noso caso, prácticamente todo o grupo coincidiu nos elementos (cos obxectivos, por exemplo), a pesar de que despois explicouse que a prioridade a teñen elementos como o contexto, xa que moitos elementos xa veñen dados prácticamente na súa totalidade polos diferentes organismos. Que pensades vos da actividade? E dos elementos máis importantes do curriculum? Deixádeme un comentario comentando se tedes feito algún debate nas clases e cal foi o resultado.
Video en Powtoon
Considero que esta aplicación é moi interesante para realizar vídeos informativos, a pesar de que non puidemos configurar o tempo das diapositivas, e moita información era difícil de ler antes de que pasara á seguinte. Polo resto, penso que valorar o traballo dos demais é moi útil (tanto co comentario como coa rúbrica no Excel), xa que nos axuda a ser máis críticos.
Por último, para complementar o temario e realizar as clases dunha maneira moito máis interactiva, tivemos que crear un vídeo por medio da aplicación Screencast. A clase dividiuse en grupos para traballar nas diferentes seccións das Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, revisar se as programacións incluidas nas páxinas web das mesmas se axustaban á normativa e como o facían (destacar os puntos negativos, mostrar as partes que aparecen ou non e facer algún comentario adicional). No noso caso, tivemos que realizar o video analizando a programación da sección de Monforte. En vez de gravarnos todos xuntos en video falando, decidimos gravar as nosas voces co programa ao mesmo tempo que mostrabamos as partes que estabamos a comentar. Por exemplo, fixámonos en que había bastantes elementos que non se vían de maneira moi clara, e suxerimos unha organización alternativa. Déixovos o vídeo da nosa gravación aquí debaixo, para que podades velo por vos mesmos, xa que tivemos que subilo a YouTube ao rematar de facelo:
Como vedes, é moi útil poder ter o documento diante á hora de falar, xa que permite mostrar todo máis claramente. Gustaría mencionar tamén que, ao mostrar a pantalla do ordenador (ou unha parte da mesma), pódese incluir todo o contido que queiramos no vídeo.
En xeral gustounos moito usar esta aplicación xa que, con ela, pódese fomentar o traballo en grupo. Ademais, o traballo final resulta máis interesante e informativo que unha simple imaxe. Tamén é preciso destacar que permite engadir imaxes alternativas ás dunha webcam, para todo o alumnado que teña vergoña ou que non queira mostrar a súa cara poida aparecer nel.
Como vedes, os contidos do tema poden ser traballados de maneiras moi diferentes, aínda que poidan parecer pesados nun primer momento. Cal foi a vosa favorita?
Ata a próxima!
Ola, Juan! En primeiro lugar gustaríame darche os meus parabéns pola explicación, tan polo miúdo, que realizaches das actividades. Serviume para ver o teu punto de vista acerca de todos os exercicios que levamos a cabo dentro da aula e valorar, doutro xeito, a aprendizaxe recibida. Ademais, encantoume que publicaras o vídeo que ti e máis o teu grupo creástedes coa aplicación Screencast, puideches incluir tamén a presentación feita con Powtoon que seguramente vos quedou xenial. De todas formas, creo que todo está ben estruturado e resumido á perfección, sigue así! Un saúdo.
ResponderEliminar