Diario: As programacións didácticas vixentes

Bo día a todos/as! Na entrada vouvos falar dos contidos correspondentes ao tema 6: As programacións didácticas vixentes na ESO e Bacharelato. Para comezar, é preciso mencionar que estas foron realizadas en base á LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), a lei educativa actual que modifica á anterior LOE (Lei Orgánica de Educación). Nela, distribúense os seguintes cursos de educación segundaria (ESO -Educación Secundaria Obrigatoria- e Bacharelato):
-1º de ESO 
-2º de ESO
-3º de ESO
-4º de ESO
-1º de Bacharelato
-2º de Bacharelato 

Para máis información, podedes consultar o documento correspondente á LOMCE nesta ligazón.
Centrándonos nas programacións didácticas,  estas poden ser definidas o conxunto de accións mediante as cales se transforman as intencións educativas máis xerais en propostas didácticas concretas que permiten alcanzar os obxectivos previstos, como indica este documento. Para a súa realización, hai que ter en conta as fontes epistemolóxica (a lóxica internada materia), sociolóxica (a sociedade e o contexto), pedagóxica (entre outras, as aplicación didácticas) e psicolóxica (as características do alumnado).
É importante ter en conta que os departamentos didácticos dos centros docentes son os encargados de  desenvolver o currículo establecido mediante a programación didáctica de cada materia de cada curso que teña encomendada na organización docente do centro.

Nesta entrada gustaríame centrarme na estructura das programacións, enunciando os puntos e realizando comentarios nalgún dos apartados que considero máis esenciais/que precisan algo máis de información. O esquema a seguir é o seguinte:
-Introdución e contextualización. Como comentei no punto anterior, o contexto é unha das partes máis importantes, xa que dependendo do tipo de alumnos/as do curso, a súa procedencia e coñecementos previos a materia terá que ser tomada de maneiras moi diversas.
-Contribución ao desenvolvemento das competencias clave
-Concrecións dos obxectivos
-Concrecións para cada estándar avaliable (temporalización, grao mínimo de consecución para superar a materia e os instrumentos de avaliación que serán usados)
-Concrecións metodolóxicas da materia. Os resultados do proceso de ensino-aprendizaxe dependerán moito da metodoloxía empregada polo profesorado. Na actualidade, adóitase recomendar o uso de metodoloxías activas, individualizadas e constructivistas.
-Recursos a empregar: a didáctica dunha materia dependerá moito dos recursos dispoñibles para o profesorado e o alumnado (xa sexan espaciais, materiais ou temporais, entre outros).
-Criterios de avaliación, cualificación e promoción do alumnado
-Indicadores de logro para avaliar o proceso de ensino e a práctica docente
-Organización das actividades de seguimento, recuperación e avaliación de materias pendentes. Hay que ter en conta aquel alumnado que non supere a materia (xa sexa na avaliación continua, ou no curso completo)
-Organización dos procedementos que lle permitan ao alumnado acreditar os coñecementos necesarios en determinadas materias, no caso do bacharelato
-Avaliación inicial e medidas a tomar dependendo dos resultados da mesma. Unha avaliación inicial é precisa para coñecer o estado do alumnado, xa que ás veces asúmense contidos como afianzados de maneira errónea, dando lugar a moitos problemas na aprendizaxe.
-Medidas de atención á diversidade. É esencial ter en conta que non todo o alumnado vai ser igual nunha clase. É moi probable a asistencia ás clases de alumnos/as con altas capacidades ou cun algún tipo de dificultade (por exemplo, no caso do ensino dunha lingua estranxeira, un alumno que presente dificultades auditivas non poderá ser avaliado da mesma maneira que o resto, xa que as súas capacidades non son as suficientes para poder realizar probas de comprensión oral do mesmo xeito que os/as outros/as alumnos/as.
-Concreción dos elementos transversais que se traballarán no curso que corresponda
-Actividades complementarias e extraescolares programadas por cada departamento didáctico, as cales poderán axudar a acadar os diferentes contidos da materia, ademáis das diferentes competencias clave.
-Mecanismos de revisión, avaliación e modificación das programacións didácticas en relación cos resultados académicos e procesos de mellora
Para a comprobación da estructura dunha programación didáctica na práctica, pódese acceder a esta ligazón da Xunta de Galicia cun buscador de centros, xa que moitos inclúen nas súas páxinas web as programacións das materias.


Como podedes ver na imaxe de enriba, o portal permite seleccionar diferentes filtros para a busca dos centros, no caso de querer comprobar as diferenzas entre dúas programacións de dentros diferentes (un centro urbano e outro rural, por exemplo).
E con esta información remato a entrada de hoxe. Espero que fora de utilidade, e non dubidedes en facer un comentario se tedes calquera tipo de consulta/feedback. Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras

Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España