Diario - O deseño curricular das linguas estranxeiras

Boas! Nesta entrada vouvos falar dun tema quizais non moi atractivo, pero sí importante: O deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas Para comezar, teríamos que falar de que é o currículo, un termo escoitado moito ao longo do ano:
Na eso e Bacharelato, está formado polos seguintes elementos:
-Obxectivos
-Competencias
-Contidos
-Estándares de Aprendizaxe
-Criterios de Avaliación
-Metodoloxía Didáctica
Un dos elementos que gañou importancia nos últimos anos é o das competencias. Para que non resulte moi aburrido o post, déixovos un vídeo sobre elas aquí debaixo:


As máis traballadas adoitan ser a lingüística e a matemática, pero é moi importante que se traballen todas para un desenvolvemento completo do alumnado.

Tamén é preciso destacar os 4 graos de concreción curricular, xa que nos indica que organismos están envoltos no curriculum. Para iso, prepareivos unha infografía moi dinámica. Tédela aquí debaixo:






















Para concretar máis, vouvos indicar as funcións de cada un deles:
-O Goberno do Estado ten como funcións determinar contidos común, estándares de aprendizaxe avaliables e o horario lectivo mínimo do bloque de disciplinas troncais e específicas. Ademáis, tamén determina os criterios de avaliación do logro dos obxectivos das ensinanzas e etapas educativas e ograo de adquisición das competencias.
-O Ministerio de educación, por outra parte, adícase a determinar os criterios de avaliación final do logro dos obxectivos das ensinanzas e etapas educativas e do grao de adquisición das competencias correspondentes, en relación cos contidos dos bloques de disciplinas troncais e específicas. Tamén determina as características das probas de avaliación final de secundaria e bacharelato. Ademáis disto, tamén deseña as probas e establece os contidos.
-En terceiro lugar, o Goberno Autónomo (no noso caso, a Xunta de Galicia) ten unha serie de funcións diversas: complementar os contidos de disciplinas troncais, establecer os de disciplinas específicas e de libre configuración, recomendar metodoloxías, fixar o horario lectivo máximo do bloque de disciplinas troncais, fixar o horario das disciplinas específicas e de libre configuración, complementar os criterios de avaliación das disciplinas troncais e establecer o resto e, por último, establecer os estándares de aprendizaxe das disciplinas de libre configuración.
-Por último, os centros docentes teñen como funcións complementar os contidos de todos os bloques e configurar a oferta educativa, deseñar e implantar métodos pedagóxicos e didácticos e determinar a carga horaria.
Accedendo aos enlaces que vedes en cada un dos apartados poderedes encontrar máis información útil.
Por outra banda, xa que o tema que nos interesa é o das linguas estranxeiras, vouvos falar sobre as linguas estranxeiras na educación secundaria (ESO e Bacharelato) e Formación profesional.
Centrándonos na Educación secundaria, hai que distinguir entre a primeira lingua estranxeira e a segunda, xa que existen diferenzas entre ambas. Quérovos mostrar as diferenzas de horarios das mesmas, o modo máis fácil de ver que a segunda lingua estranxeira non ten tanta importancia como a primeira para o curriculum:
-A primeira lingua estranxeira conta con 3 horas obrigatorias por semana nos 4 cursos de Educación Secundaria Obrigatoria, mentres que na segunda lingua existen menos horas. Nos dous primeiros cursos, o alumnado ten dúas horas semanais obrigatorias, mentres que en terceiro e cuarto son optativas (con 2 e 3 horas semanais, respectivamente)
-En bacharelato, os horarios e obligaroriedade da primeira lingua estranxeira son os mesmos (3 horas semanais obrigatorias en todas as modalidades), mentres que a segunda cambia con respecto á ESO (en primeiro teñen 2 horas optativas e en segundo 3).
Con respecto á Formación profesional, primeiro prepareivos unha infografía moi clara para que vexades os diferentes tipos e o título que se consigue con cada un deles:


En toda a FP, as linguas estranxeiras non están moi presentes. Na FP básica, aparece no módulo de Comunicación e Sociedade (con 59 e 34 horas en cada un dos cursos). Por outra banda, na FP Media e Superior, só aparece nun número reducido de ciclos.

Por último, as linguas estranxeiras nas Escolas Oficiais de Idiomas divídense en diferentes niveis:
-Nivel Básico (A1 e A2)
-Nivel Intermedio (B1 e B2)
.Nivel Avanzado (C1 e C2)
As linguas que se imparten en Galicia son as seguintes: alemán, árabe, chinés, español para estranxeiros, francés, galego, inglés, italiano, portugués, ruso e xaponés.
Para máis información, podedes ver as páxinas web das distintas escolas. Eu enlázovos a de Vigo.
Espero que vos servise de moito esta entrada. Ata a próxima!


Comentarios

Entradas populares de este blog

Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras

Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España