Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras
Ola de novo!
Na seguinte entrada vouvos ensinar algo moito máis interactivo que a primeira entrada, centrada na evolución das linguas estranxeiras en España durante o século XX. A temática da presente entrada é o uso de diferentes aplicacións e actividades na aula para tratar o tema do deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, vou centrarme en 3 actividades diferentes: Kahoot, debates piramidais e Google Docs.
Se só coñecedes os debates clásicos, nos que pouca xente aporta opinións, tedes que coñecer os debates piramidais. Estes céntranse en partir dun grupo pequeño (grupos de 2 persoas, por exemplo) e ir aumentando os grupos a medida que avanza o tempo ata rematar co grupo completo. Desta maneira, asegurámosnos de que todo o mundo participe, incluídas todas as persoas que poidan ter máis vergoña á hora de falar en grupo. En concreto, fixemos un debate piramidal para falar das competencias que debería ter o persoal docente e cales son os elementos curriculares máis importantes. Recomendo moito o seu uso xa que así se coñecen os puntos de vista de todo o alumnado e os contidos son máis fáciles de recordar. No noso caso, serviu para saber os coñecementos que tiñamos sobre o tema, e ao mesmo tempo aprender dos nosos iguais e do profesorado -xa que, despois de chegar a unha conclusión entre toda a clase, o docente mostrounos información sobre os temas a debatir. Das tres actividades, considero que é a que mellor funcionou conmigo, xa que co debate despertouse o meu interés polos temas e fíxome pensar neles, e despois ampliáronse os mesmos coa explicación do profesor.
En segundo lugar, gustaríame falarvos de Kahoot, unha aplicación moi interesante que está dispoñible para navegadores web como en aplicacións móviles (iOs e Android). Con ela, conséguese que ata a temática máis densa e aburrida resulte interesante e máis fácil de aprender. Baséase nun test con todas as preguntas que se queiran crear. Primeiro, o alumnado pode ler a pregunta durante uns segundos. Despois, ten un breve tempo para ver as opcións de resposta. Por último, ten que responder no menor tempo posible para gañar o maior numero de puntos e, se acerta varias preguntas consecutivas, gañará puntos extra. Deste modo, fomentase a competitividade e a toma rápida de decisións sen ter en conta que se está aprendendo inconscientemente, convertíndoo nunha aplicación moi interesante. Ademais, conseguese incorporar os teléfonos móbiles e a tecnoloxía en xeral nas clases, dándolle un valor educativo e suprimindo a connotación que teñen de distracción. Nós usámola para tratar o currículo na ensinanza secundaria, e foi moi útil, aínda que ás veces non se pensé demasiado na pregunta debido ao pouco tempo que se habilita para iso. Gustaríame que o tempo de lectura das preguntas e as respostas fose un pouco superior, xa que axudaría máis a non responder para gañar e sí para aprender, aínda que a competitividade se reducira un pouco.
Por último, quérovos comentar o noso uso de Google Docs xa que tamén podería ser interesante para aplicar nas aulas. O docente propúxonos o tema das linguas estranxeiras na LOMCE, tendo que completar un documento de Google Docs entre todos. Para iso, dividiusa a clase en grupos para que cada grupo traballara nunha temática diferente. O noso grupo tivo que abordar as linguas estranxeiras na Formación Profesional Básica, tendo moitas dificultades á hora de encontrar a información. Entre os puntos positivos gustaríame destacar que axuda a fomentar o traballo en equipo, ademáis de que buscando e traballando a información é máis sinxelo recordala. Por outra parte, entre os puntos negativos, a falta de información converteu esta actividade nun desafío, sumado a que é a actividade menos interactiva das tres comentadas. Por sorte, despois da busca de información, houbo un período de presentación para saber que encontraron o resto dos grupos e a posterior información presentada polo profesor, facendo que fose moito máis completa.
Déixovos un vídeo con máis información sobre a aplicación.
Tras a explicación das tres actividades, gustaríame concluír dicindo que, a pesar de que as actividades poidan ter puntos negativos, todas serviron para acadar os obxectivos que tiñan. Axudáronme a ter máis interese pola materia, xa que esta temática é bastante complexa, e a que se me quedasen contidos máis fácilmente que cunha explicación maxistral ou lendo uns apuntes. Se queredes saber máis sobre estas actividades, podedes consultar o blog da miña compañeira Antía.
Ata a próxima entrada!
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarEste comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarOla Juan!
ResponderEliminarComo compañeira túa nas actividades de Kahoot teño que darche a razón en que a aplicación consegue captar a nosa atención, pero tamén lograr sacar á luz o noso lado máis competitivo, establecendo rivalidades (non moi serias) cos grupos cos que se ten case o mesmo número de puntos. Estaría ben ter máis tempo para ler con calma as preguntas e centrarnos máis en aprender que na rapidez das respostas.
Parabéns pola entrada, agárdote no meu blog!
Un saúdo!
Eu tamén creo que os debates son unha moi boa opción a incluír na clase xa que poñemos a proba ó noso coñecemento sobre un tema á vez que aprendemos dos nosos compañeiros. Unha moi boa idea para afrontar os debates que poidamos crear na nosa labor como docentes. Ademais, eu tamén creo que o traballo en equipo é un aspecto que hai que fomentar na clase, e o uso de Google Docs, como dis ti, axuda a facelo.
ResponderEliminarUnha moi boa entrada
Un saúdo!
¡Hola Juan!
ResponderEliminarMe gustaría felicitarte por el diseño de tu blog, ya que es muy intuitivo y claro. En cuanto a esta entrada, me gustaría decir que estoy de acuerdo contigo sobre la utilidad de estas actividades realizadas en el aula. Aunque tengan algún detalle más negativo, son actividades que nos ayudan a afianzar conocimientos y que además resultan entretenidas. Muchas felicidades por tus explicaciones.
Un saludo