Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras
Ola de novo! Na seguinte entrada vouvos ensinar algo moito máis interactivo que a primeira entrada, centrada na evolución das linguas estranxeiras en España durante o século XX. A temática da presente entrada é o uso de diferentes aplicacións e actividades na aula para tratar o tema do deseño curricular das linguas estranxeiras na ESO, Bacharelato, FP e Escolas Oficiais de Idiomas. En concreto, vou centrarme en 3 actividades diferentes: Kahoot, debates piramidais e Google Docs. Se só coñecedes os debates clásicos, nos que pouca xente aporta opinións, tedes que coñecer os debates piramidais. Estes céntranse en partir dun grupo pequeño (grupos de 2 persoas, por exemplo) e ir aumentando os grupos a medida que avanza o tempo ata rematar co grupo completo. Desta maneira, asegurámosnos d e que todo o mundo participe, incluídas todas as persoas que poidan ter máis vergoña á hora de falar en grupo. En concreto, fixemos un debate piramidal para falar das competencias que debería ter o p