Diario Metodoloxía CLIL/AICLE

Boas de novo a todos/as!

Nesta nova entrada, vou falarvos acerca do tema 7:Metodoloxía CLIL/AICLE, ao igual que na entrada anterior. A diferenza é que, en vez de falar das actividades realizadas na clase, voume centrar en comentar certos contidos da materia, como xa sabedes ao tratarse dunha entrada de diario. Para comezar, creo que é preciso facer unha descrición do que é a metodoloxía CLIL/AICLE, xa que moitos de nós non o sabiamos ata o comezo deste tema. Como indican as súas siglas (CLIL -Content and Language Integrated Learning- e AICLE -Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Extranxeira-), trátase dun termo adoptado hai máis de 20 anos para referirse a aquelas ensinanzas nas que se incorporaban contidos lingüísticos. Para máis información, ademais de ver os nomes que reciben noutras linguas, podedes revisar a seguinte imaxe.
En resumo, esta metodoloxía refírese a aquelas materias nas que se combinan as ensinanzas tradicionais (como poden ser matemáticas ou historia) coas linguas estraxeiras, ao impartirse nunha lingua non oficial (normalmente o inglés). Os seus principios son os seguintes:
-A lingua úsase para aprender contido da área, mais tamén hai que aprender a lingua para comprender e comunicar 
-A materia que se estuda é a que determina o tipo de lingua que se necesita aprender
-A fluidez é mais importante que a precisión gramatical e linguística en xera
Con isto dase a entender que a importancia é a materia, e que se aproveita para aprender unha lingua estranxeira como algo extra. Isto pode axudar aos estudantes a facer unha inmersión lingüística moi importante xa que, a pesar de que a lingua non sexa usada de maneira perfecta gramaticalmente, é unha exposición máis a ela, e noutro ámbito diferente ao tradicional. 

Tamén é preciso mencionar as dimensións de Marsh et al. (2001), sobre as que as nosas compañeiras realizaron unha infografía. Estas son as seguintes:
-Dimensión Cultura (para que o alumnado amplie o seu coñecemento cultural sobre outros países, minorías e esté mellor formado en diversidade)
-Dimensión Contorno (para a internacionalización do ensino, do centro e dos/as estudantes)
-Dimensión Lingua (para fomentar o plurilingüismo e gañar coñecementos nunha lingua)
-Dimensión Contido (para ver os contidos dende varias perspectivas e coñecer o seu vocabulario noutra lingua)
-Dimensión Aprendizaxe (para atopar novas estratexias de aprendizaxe e motivar ao alumnado)
Como vedes, a metodoloxía CLIL/AICLE está pensada para mellorar as diversas capacidades do alumnado en moitos sentidos, axudándoo na súa posterior formación e entrada no mercado laboral. A pesar disto, gustaríame comentar o seguinte:

Con respecto a esta metodoloxía e a súa implantación na práctica, gustaríame abrir un debate, xa que teño opinións diversas sobre o tema. Vos credes que é posible que o alumnado de materias impartidas noutra lingua que non sexa o galego ou o español poderá adquirir os mesmos contidos que aqueles/as alumnos/as que reciben o ensino na lingua oficial? Por unha parte, considero que é bastante complicado para o profesorado ensinar as materias noutro idioma, xa que teñen que ter un nivel moi avanzado na lingua para facelo (entre outras cousas, coñecer todo o vocabulario técnico da especialidade e ter a facilidade de adaptar os contidos para as diferentes idades do alumnado). Ademais disto, considero que o alumnado ten que ter tamén un nivel moi alto na lingua para poder seguir unha clase sobre outra materia nunha lingua que non é a súa. De feito, considero que no caso da miña educación secundaria non tería sido posible a implantación dunha materia CLIL/AICLE. A maior parte do alumnado tiña grandes dificultades co inglés, mesmo cos contidos máis básicos, en segundo de bacharelato. Creo que soamente 3 ou 4 alumnos/as en total poderían ter aproveitado unha materia impartida baixo esta metodoloxía. Os vosos casos terían sido similares? Como algunhna compañeira comentou na clase, houbo algunas que xa tiveron materias CLIL/AICLE.Como foi a experiencia?
E aquí remata a entrada de diario do tema 7. Espero que vos parecese interesante e vexades un punto de vista diferente. Se queredes coñecer máis sobre o tema, e incluso sobre temas que non mencionei (debido á que senon a entrada sería demasiado longa), podedes consultar as entradas dos meus compañeiros/as, que sempre é interesante coñecer distintos puntos de vista sobre algo. Falando diso,  non vos olvidedes de comentar as vosas opinións con respecto ao debate que propoño anteriormente, xa que me encantaría saber que pensades. 
Ata a próxima!

Comentarios

Entradas populares de este blog

Dossier - O Deseño curricular das linguas estranxeiras

Evolución do ensino das linguas estranxeiras en España