Dossier Metodoloxía CLIL/AICLE
Boa noite, rapaces/as!
Espero que esteades a disfrutar do descanso de nadal ao máximo! Na entrada de hoxe gustaríame falarvos das actividades realizadas na aula relacionadas co tema 7 da materia: Metodoloxía CLIL/AICLE. Nesta parte final da materia a cantidade de actividades a mencionar é menor que noutros temas, xa que gran parte do tempo foi usado polos/as nosos/as compañeiros/as para expoñer as súas presentacións finais, as cales foron super interesantes e conseguiron acoller toda a nosa atención, debido ó gran traballo que lle dedicaron. Con respecto aos meus comentarios sobre elas, estes serán realizados nos respectivos posts das presentacións. A pesar do tempo que levou a exposición das mesmas, realizamos unha actividade que merece ser mencionada: unha infografía por grupos para explicar diferentes asuntos relacionados coa metodoloxía CLIL/AICLE.
Para a realización desta infografía, a clase foi dividida en varios grupos, cada un tendo asignada unha das diferentes temáticas:
-O
marco europeo para a educación do profesorado CLIL
-As sínteses e conclusións
sobre o estudo da aprendizaxe integrada de contidos e linguas no contexto
escolar europeo
-As cinco dimensións de Marsh
-andamiaxe ou scaffolding en
CLIL
-O deseño do currículo integrado CLIL.
No meu caso, eu e os meus dos compañeiros (Antía Álvarez Moure e Miguel Aira Rodríguez) fomos os encargados de realizar a infografía relacionada co deseño do currículo CLIL. A realización da mesma foi moi doada en canto ao traballo en grupo, xa que xa tiñamos realizados varios traballos entre os tres -tanto no grao coma no máster-, polo que os tres sabiamos como era traballar xuntos. En canto á realización da infografía en sí, foi algo máis complicado. Comezamos buscando entre os tres información sobre o tema, cada un en distintas páxinas web, pero costounos bastante atopar o que estabamos a buscar. Afortunadamente, segundo avanzaba a clase, conseguimos toda a información que precisábamos. A aplicación coa que decicimos realizar a infografía foi canva, xa que os tres a coñecíamos moi ben por tela usado no pasado. O resultado final foi bastante bo, conseguindo unha imaxe resultona, simple e informativa. Para que poidades comprobalo, déixovola aquí debaixo.
Considero que esta aplicación resulta moi útil á hora de realizar infografías, presentacións ou outro tipo de material, xa que dispón de moitas plantillas (moitas delas son ademais gratuitas) que son fácilmente modificables segundo as necesidades de cada un. En canto á parte negativa, ás veces resulta algo restrictiva nalgúns sentidos, impedindo insertar algún tipo de contenido (como nos pasou anteriormente á miña compañeira Antía e a min).
Tras a realización da infografía, compartimos os enlaces nun documento de Google drive onde están todos os arquivos e tivemos que presentalas. Considero isto unha parte esencial da actividade, xa que a nós axudounos a afianzar os contidos que buscamos e insertamos na imaxe e, ademáis, nos permitiu coñecer e saber algo máis acerca dos temas do resto de grupos. Polo xeral, considero que todos fixemos moi bo traballo en canto á realización da infografía e á presentación da mesma.
De todas as actividades que realizamos, considero que esta é unha das que máis me gustou, xa que fomentou a nosa creatividade, o traballo en grupo e, a súa vez, o traballo individual. Ademais disto, non fomentou unha competitividade entre os compañeiros ou o traballo a presión por facelo nun tempo límite moi breve (como no caso dos Kahoot). Penso que debería ser máis usada, xa que axuda a aprender sen darnos conta.
E con esta información remato a entrada de hoxe. Ao tratarse dun tema no que realizamos un número menor de actividades, a entrada resultou algo máis breve. De todos modos, se queredes máis información, podedes consultar a mesma entrada realizada por algún dos meus compañeiros, xa que aportarán outra perspectiva diferente. Por exemplo, se consultades a entrada de Paula Cajaraville poderedes acceder directamente ás presentacións realizadas polos/as nosos/as compañeiros/as, ademáis de saber sobre unha infografía sobre outra temática. Se, pola contra, queredes outro punto de vista sobre a mesma infografía, podedes consultar as entradas de Miguel ou Antía.
Para calquera outra cousa, non dubidedes en deixarme un comentario facendo preguntas ou críticas sobre o que queirades.
Ata a próxima entrada!
Comentarios
Publicar un comentario