O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras
bo día a todos/as!
Nesta entrada quérovos presentar información relacionada co tema 3 do curso: La enseñanza-aprendizaje y certificación de lenguas extranjeras por las instituciones internacionales. En concreto, voume centrar nalgunhas partes dos contidos correspondentes co ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.
Para comezar, quero centrarme na metodoloxía de aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común de Referencia non inclúe, como podemos ver na imaxe seguinte, un modelo específico como recomendación ou imposición.
Sin embargo, preséntanse diferentes opcións e, incluso, menciónase a metodoloxía específica a seguir por ambas partes (profesorado e alumnado). Como exemplo, tedes a seguinte:
Profesorado: “sus acciones… son una parte muy importante de la situación de aprendizaje o de la adquisición de una lengua” pues “constituyen modelos que los alumnos pueden seguir en su uso posterior de la lengua y en su práctica como futuros profesores”...
Para máis información, podedes consultar este documento online.
A pesar de que no Marco non se mencione unha metodoloxía concreta, na clase fixemos unha actividade para coñecelas un pouco máis e comprobar as grandes diferenzas que existen estre elas. Organizándonos por parellas, tivemos que buscar información e realizar unha presentación sobre unha metodoloxía proposta pola profesora. No meu caso, a miña parella e eu tivemos que traballar sobre o método silencioso, unha metodoloxía surxida nos anos 70 grazas a Caleb Gattegno. Podedes vela aquí abaixo, se estades interesados:
A verdade é que resultou bastante interesante aos nosos ollos, xa que non estamos nada acostumados a que o docente non fale nas clases. De feito, a maior parte de nós recibiu unha educación basada nunha metodoloxía tradicional, na que o profesor era a entidade máis importante da clase e dedicábase a impartir clases de maneira maxistral, seguindo un libro. En canto ás actividades do método silencioso, tamén nos pareceron bastante interesantes, e algunhas incluso poderían ser implantadas con facilidade noutros métodos.
Que pensades vos deste método? Pensades que se podería implantar nas vosas futuras clases fácilmente (xa sexa de maneira parcial ou total)? Se todavía precisades máis indormación, podedes consultar o seguinte enlace. Na nosa opinión, salvo algunhas actividades, non consideramos que sexa o mellor método de ensinanza de linguas estranxeiras, xa que consideramos que a base para aprender a lingua é a comunicación oral, comprensión e expresión.
Para rematar esta primeira parte da entrada, dedidada á metodoloxía, gustaríame introducir a reflexión á que chegamos na presentación en clase da nosa compañeira Antía. Ela realizou a presentación sobre os diferentes métodos e, tras a mesma, na ronda de preguntas chegamos á conslusión de que non existe o método perfecto. Cada método que aparece proponse como o mellor e máis innovador do momento, pero a realidade é que todos teñen puntos negativos e positivos, ademáis de que non todos os métodos funcionan igual para os diferentes tipos de alumnado (mesmo para o alumnado dunha mesma clase).
Por outra banda, este tema comenta tamén as diferentes destrezas a ter en conta no ensino/aprendizaxe dunha lingua, como podedes ver na seguinte imaxe:
Aínda que os nomes que aparecen na imaxe sexan correspondentes co inglés, aplícase para todas en xeral. Cada destreza é posteriormente descrita co que é esperado dela. Por exemplo, tomando a comprensión oral, obsérvase o seguinte:
- Obtener el sentido de un discurso oral
- Rescatar información sobre el contexto en el que tiene lugar la intervención oral, también de nuestro conocimiento del mundo…
- Necesitamos comprender infinidad de textos orales, con numerosas funciones y estructuras (canciones, diálogos, anuncios, instrucciones, conferencias…), velocidades, complejidad, acentos, reducciones, etc.
- No siempre escuchamos de la misma forma
Partindo disto, realízanse os contidos e as actividades para os diferentes niveles. Como nota con respecto a esta destreza, gustaríame engadir a necesidade de inclusión de diferentes variedades dialectais e acentuais da lingua de ensino. Como comentei na entrada anterior no caso dos World englishes, é necesario incluilas para que o alumnado mellore as suas capacidades na lingua meta, ademáis de coñecer mellor a realidade da lingua e os países nos que se fala. Deste modo, considero esencial deixar de mostrar variantes como o Standard British English e RP ou o Hochdeutsch como únicas no momento de ensinar unha lingua. Para máis información sobre o tema das variantes estándar das linguas, podedes consultar o artigo The Politics of Language, de Ralph Fasold, no que se mencionan estes asuntos.
E ata aquí dou por concluida a entrada de hoxe. Se queredes facer algunha anotación, ou mesmo preguntarme algo, non dubidedes e facédelo! Ata a próxima entrada.
Comentarios
Publicar un comentario