O Marco común de Referencia para as Linguas
Bo día! Na entrada de hoxe quero tratar o tema do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), relacionado co Tema 2: Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. En concreto, gustaríame falar dos problemas de concepción e autoavaliación dos estudiantes con respecto aos diferentes niveis dentro do marco. Para iso, quero comezar mostrando unha información esencial sobre o mesmo: como o seu nome indica, o MCER, coñecido en inglés como Common European Framework of Reference for Languages (CEFR), é un instrumento de referencia usado para designar os diferentes niveis de coñecemento das linguas (elaboración de materiais, probas de niveis, etc). Nel, descríbense 6 niveis principais, observables na seguinte imaxe:
Deste xeito, os niveles que comezan coa A correspóndense cos usuarios básicos; os que inclúen unha B son os dos usuarios independentes; por último, os niveis C1 e C2 correspóndense cos usuarios competentes.
A pesar da existencia destes niveis principais, moitas veces son divididos en diversas partes, xeralmente polas necesidades de cursos específicos (por exemplo, un curso cunha duración na que non se poidan cubrir todos os obxectivos do nivel). É por iso que quero falar da consciencia e a autoavaliación dos niveis entre os diferentes estudantes. Comentando a situación con algúns compañeiros do máster, démonos conta de que ningún de nós era consciente do nivel que tiñamos/se nos estaba impartindo nas diferentes linguas estranxeiras que tiñamos durante a nosa traxectoria pola Educación Secundaria Obrigatoria e o Bacharelato. Para moitos, o noso primeiro contacto foi ao comezar o grao, cando una profesora presentounos os materiais a traballar na clase e, entre eles, incluíanse un par de libros nos que aparecían B2 e First. Isto quere dicir, polo menos no meu caso, que estivera 6 anos de Educación Secundaria (ademais de todos os anteriores en Educación Primaria e Infantil) estudando inglés e 4 anos estudando francés sen ser consciente do nivel que traballara nas clases ou do nivel que tiña.
A situación anterior presenta un problema (entre oturos): moitos estudantes que non se especializan no campo da filoloxía, a tradución ou as linguas en xeral, ademais dos que deciden non realizar ningún curso de educación superior (ciclos formativos ou un grao) non saben cal e o seu nivel á hora de crear o curriculum. Isto é un feito mesmo nos casos do alumnado de Escolas Oficiais de Idiomas -xa que, por exemplo, o nivel avanzado en inglés correspóndese cun B2. Para isto, existen dúas solucións a curto prazo: a primeira sería presentarse a unha proba de certificación de nivel, pero envolvería un custo económico, ademais da posibilidade de non presentarse á proba máis apropiada para o nivel real. A segunda solución estaría en realizar unha autoavaliación en internet.
A imaxe que podedes observar enriba é unha das posibles probas de autoavaliación para poder situarse nun dos niveles de referencia do MCER, realizada polo Centro Europeo de Linguas Modernas do Consello de Europa. Se, pola contra, o estudante prefire facer unha proba máis definitoria que a anterior, con preguntas concretas, pode facer unha das moitas probas posibles, como a que está dispoñible na páxina web de Cambridge English Assessment (en inglés).
O problema que reside na realización destas probas é, no caso da primeira, que é moi ambiguo responder a moitas das preguntas, xa que a nosa propia percepción xoga un papel moi importante (puidendo darnos un nivel completamente distinto ao real). No caso de probas como a segunda, o problema é que son moi poucas preguntas para poder saber o coñecemento real da lingua, ademais de que non se teñen en conta moitos ámbitos (céntranse en gramática e vocabulario, ignorando as partes de compresión e expresión oral, por exemplo).
Tendo en conta toda a información que mostrei nesta entrada, creo que é claro que é unha necesidade a incorporación de información sobre o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas na Educación Secundaria Obligatoria, Bacharelato e, en resumo, en calquer nivel de educación no que se traballen as linguas. Deste modo, os/as estudantes poderán ter unha mellor concepción sobre o seu propio nivel, poderán acceder ás distintas probas de certificación máis fácilmente e, á hora de realizar o curriculum, terán máis información para poder incluir un nivel máis cercano ao real. Ademais, pode servir como un mecanismo de globalización e apertura ao exterior xa que, ao ser usadas en toda Europa (ademais doutros países), os habitantes españois e estranxeiros poderán ter unha maior comprensión das capacidades propias e do outro, ademais de mellorar as relacións co continente ao ter unha maior uniformidade.
E con esta imaxe de Europa, na que se mostran diferentes conexións entre países, remato a presente entrada. Aconséllovos que accedades aos blogs dos meus compañeiros/as nos que se trata a mesma temática pero cun punto de vista diferente, tedes unha lista no meu perfil. Se tedes algún comentario para facer, ou algunha pregunta, non dubidedes en deixalos! Ata a próxima!
Ola Juan!
ResponderEliminarConcordo co que comentas de que non temos ningunha información sobre o nivel de lingua estranxeira que cursamos durante a secundaria e bacharelato, o cal non debería ser xa que ten bastante importancia considerando que a día de hoxe hai que acreditar niveis de idiomas en moitas ocasións, tanto no ámbito profesional como no educativo. Por isto, e as demais razóns que argumentas, creo tamén que é moi importante que coñezamos máis sobre o Marco, non só polas vantaxes que ten, como fomentar a mobilidade entre países europeos, senón porque tamén é primordial que sexamos conscientes da nosa aprendizaxe co fin de poder enfocala da mellor maneira para progresar.
Unha marabillosa e interesante entrada!
Iria.
Ola Juan!
ResponderEliminarEu tanto no instituto como o bahcarelato estaba coma ti, non sabía o nivel que estaba a cursar. Non sabía se estaba facendo un B1, un B2, nin a que nivel pertencían todas as actividades e contidos que se estaban dando na clase. Creo que é moi importante á hora de, por exemplo e como dis ti, facer un currículo para optar a un posto de traballo, unha beca, etc. Para solucionar isto, entre as opcións que ti elixes persoalmente opto pola evaluación online, xa que a outra require un custo económico. Unha opción é o TOELF, mais non creo que ninguén faga esta proba só para saber que nivel ten, senón para solicitar unha beca onde se teña que acreditar nivel por exemplo. Creo que si que se ten que incluir o uso do Marco nos insitutos xa que resultaría moi positivo.
Gustoume moito esta entrada!
Ola Juan!
ResponderEliminarGustoume a tua entrada, en especial a tua perspectiva respecto da concepción propia que tiñas do teu nivel antes de comezala carrera. É certo que un non está seguro do nivel que ten xa que nunca o tivo que ter en conta. Ademais iso plantexa un problema, polo menos no meu caso, no que no primeiro curso habia grandes diferencias de nivel en inglés entre o alumnado ainda que todos viñamos do bacharelato.
Un saúdo.