Entradas

Mostrando entradas de enero, 2019

Enlaces Comentarios Gonzalo

Imagen
Ola a todos/as! Aquí tedes os meus comentarios nas entradas para Gonzalo. Se premedes na imaxe, levaravos á entrada correspondente.  Un saúdo!

Diario Metodoloxía CLIL/AICLE

Imagen
Boas de novo a todos/as! Nesta nova entrada, vou falarvos acerca do tema 7:Metodoloxía CLIL/AICLE, ao igual que na entrada anterior. A diferenza é que, en vez de falar das actividades realizadas na clase, voume centrar en comentar certos contidos da materia, como xa sabedes ao tratarse dunha entrada de diario. Para comezar, creo que é preciso facer unha descrición do que é a metodoloxía CLIL/AICLE , xa que moitos de nós non o sabiamos ata o comezo deste tema. Como indican as súas siglas (CLIL -Content and Language Integrated Learning- e AICLE -Aprendizaxe Integrada de Contidos e Lingua Extranxeira-), trátase dun termo adoptado hai máis de 20 anos para referirse a aquelas ensinanzas nas que se incorporaban contidos lingüísticos. Para máis información, ademais de ver os nomes que reciben noutras linguas, podedes revisar a seguinte imaxe. En resumo, esta metodoloxía refírese a aquelas materias nas que se combinan as ensinanzas tradicionais (como poden ser matemáticas ou historia) c

Dossier Metodoloxía CLIL/AICLE

Imagen
Boa noite, rapaces/as! Espero que esteades a disfrutar do descanso de nadal ao máximo! Na entrada de hoxe gustaríame falarvos das actividades realizadas na aula relacionadas co tema 7 da materia: Metodoloxía CLIL/AICLE. Nesta parte final da materia a cantidade de actividades a mencionar é menor que noutros temas, xa que gran parte do tempo foi usado polos/as nosos/as compañeiros/as para expoñer as súas presentacións finais, as cales foron super interesantes e conseguiron acoller toda a nosa atención, debido ó gran traballo que lle dedicaron. Con respecto aos meus comentarios sobre elas, estes serán realizados nos respectivos posts das presentacións. A pesar do tempo que levou a exposición das mesmas, realizamos unha actividade que merece ser mencionada: unha infografía por grupos para explicar diferentes asuntos relacionados coa metodoloxía CLIL/AICLE.  Para a realización desta infografía, a clase foi dividida en varios grupos, cada un tendo asignada unha das diferentes temática

Diario: As programacións didácticas vixentes

Imagen
Bo día a todos/as! Na entrada vouvos falar dos contidos correspondentes ao tema 6: As programacións didácticas vixentes na ESO e Bacharelato. Para comezar, é preciso mencionar que estas foron realizadas en base á LOMCE (a Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa), a lei educativa actual que modifica á anterior LOE (Lei Orgánica de Educación). Nela, distribúense os seguintes cursos de educación segundaria (ESO -Educación Secundaria Obrigatoria- e Bacharelato): -1º de ESO  -2º de ESO -3º de ESO -4º de ESO -1º de Bacharelato -2º de Bacharelato  Para máis información, podedes consultar o documento correspondente á LOMCE nesta ligazón. Centrándonos nas programacións didácticas,  estas poden ser definidas o conxunto de accións mediante as cales se transforman as intencións educativas máis xerais en propostas didácticas concretas que permiten alcanzar os obxectivos previstos, como indica este documento. Para a súa realización, hai que ter en conta as fontes epistemolóxica (