Bo día! Na entrada de hoxe quero tratar o tema do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), relacionado co Tema 2: Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. En concreto, gustaríame falar dos problemas de concepción e autoavaliación dos estudiantes con respecto aos diferentes niveis dentro do marco. Para iso, quero comezar mostrando unha información esencial sobre o mesmo: como o seu nome indica, o MCER, coñecido en inglés como Common European Framework of Reference for Languages (CEFR) , é un instrumento de referencia usado para designar os diferentes niveis de coñecemento das linguas (elaboración de materiais, probas de niveis, etc). Nel, descríbense 6 niveis principais, observables na seguinte imaxe: Deste xeito, os niveles que comezan coa A correspóndense cos usuarios básicos; os que inclúen unha B son os dos usuarios independentes; por último, os niveis C1 e C2 correspóndense cos usuarios competentes. A pesar da existencia deste...
Boa tarde a todos/as! Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4: Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia. As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais): Na primeira, inclúense contidos para que o alumnado poida coñecer os datos principais sobre o país nos que se fala a lingua. Entre eles, características xeográficas, medioambientais, económicas... Por outra banda, o coñecemento sociocultural abarca o coñecemento da sociedade na que se fala o idioma, ademáis da súa cultura. Isto paréceme unha parte esencial para que o alumnado poida comprender mellor a situación noutros países diferen...
Comentarios
Publicar un comentario