Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2018

Presentación World Englishes

Ola a todos/as! Nesta entrada, quérovos deixar a miña presentación da clase. Espero que vos guste!

O ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras

Imagen
bo día a todos/as! Nesta entrada quérovos presentar información relacionada co tema 3 do curso: La enseñanza-aprendizaje y certificación de lenguas extranjeras por las instituciones internacionales. En concreto, voume centrar nalgunhas partes dos contidos correspondentes co ensino-aprendizaxe de linguas estranxeiras.  Para comezar, quero centrarme na metodoloxía de aprendizaxe de linguas estranxeiras. O Marco Común de Referencia non inclúe, como podemos ver na imaxe seguinte, un modelo específico como recomendación ou imposición.  Sin embargo, preséntanse diferentes opcións e, incluso, menciónase a metodoloxía específica a seguir por ambas partes (profesorado e alumnado). Como exemplo, tedes a seguinte:  Profesorado: “sus acciones… son una parte muy importante de la situación de aprendizaje o de la adquisición de una lengua” pues “constituyen modelos que los alumnos pueden seguir en su uso posterior de la lengua y en su práctica como futuros profesores”... Para máis info

O desenvolvemento de competencias no MCER

Imagen
Boa tarde a todos/as! Na entrada de hoxe, vouvos falar sobre un tema relacionado cos contidos da unidade 4:  Os niveis de referencia de aprendizaxe de linguas e o desenvolvemento de competencias. En concreto, gustaríame facer unha reflexión sobre varias das competencias no Marco Común Europeo de Referencia. As dúas competencias sobre as que quero falar para comezar esta entrada son o coñecemento do mundo e o coñecemento sociocultural. Estas son, como podedes ver na imaxe seguinte, parte do coñecemento declarativo (dentro das competencias xerais): Na primeira, inclúense contidos para que o alumnado poida coñecer os datos principais sobre o país nos que se fala a lingua. Entre eles, características xeográficas, medioambientais, económicas... Por outra banda, o coñecemento sociocultural abarca o coñecemento da sociedade na que se fala o idioma, ademáis da súa cultura. Isto paréceme unha parte esencial para que o alumnado poida comprender mellor a situación noutros países diferentes

Dossier - As programacións Didácticas Vixentes

Imagen
Boas a todos/as! Nesta nova entrada, vouvos comentar as aplicacións que se usaron na clase para traballar os contidos o Tema 6: As programacións didácticas vixentes: na ESO, Bacharelato , FP e EOI (LOMCE e LOE). Como pode deducirse polo nome do mesmo, este tema pode resultar moi denso en canto aos seus contidos, polo que o profesorado decidiu realizar a seguinte serie de actividades para facer máis interactiva e interesante a aprendizaxe: Debate Piramidal A primeira actividade a mencionar é un debate piramidal, como no tema anterior. Neste caso, o tema do debate era o currículo, tendo que pensar e contrastar os puntos máis importantes neles. O procedimento foi o seguinte: primeiro, o alumnado tivo que traballar en parellas. Despois, os grupos aumentaron ata rematar toda a clase cunha conclusión xeral. No noso caso, prácticamente todo o grupo coincidiu nos elementos (cos obxectivos, por exemplo), a pesar de que despois explicouse que a prioridade a teñen elementos como o contexto,

O Marco común de Referencia para as Linguas

Imagen
Bo día! Na entrada de hoxe quero tratar o tema do Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCER), relacionado co Tema 2:  Obxectivos, métodos e prioridades da política lingüística europea. En concreto, gustaríame falar dos problemas de concepción e autoavaliación dos estudiantes con respecto aos diferentes niveis dentro do marco. Para iso, quero comezar mostrando unha información esencial sobre o mesmo: como o seu nome indica, o MCER, coñecido en inglés como Common European Framework of Reference for Languages (CEFR) , é un instrumento de referencia usado para designar os diferentes niveis de coñecemento das linguas (elaboración de materiais, probas de niveis, etc). Nel, descríbense 6 niveis principais, observables na seguinte imaxe: Deste xeito, os niveles que comezan coa A correspóndense cos usuarios básicos; os que inclúen unha B son os dos usuarios independentes; por último, os niveis C1 e C2 correspóndense cos usuarios competentes. A pesar da existencia destes ni